CRTVG

Buscar

Recomendan extremar as medidas de hixiene das nosas mascotas

Publicado o 17/03/2020 21:38

É unha das imaxes destes días na rúa. Está permitido pasear as mascotas, pero estas saídas teñen as súas normas.

Son pautas establecidas pola propia Dirección Xeral de Dereitos do Animais do Goberno encamiñadas á prevención do COVID19. E por que hai que ter estes coidados cos animais?

Desde a Confederación Empresarial Veterinaria Española aconsellan extremar as medidas de hixiene.

Auga e xabón abondan para unha limpeza preventiva das nosas mascotas.

Noticias web

17/03/2020