CRTVG

Buscar

Recomendan conxelar cinco días o peixe antes de comelo cru para evitar o anisakis

Publicado o 11/07/2018 15:35

Estes días o anisakis volve a tomar protagonismo despois de que se detectasen casos de intoxicación tras inxerir peixe previamente conxelado. A Axencia Española de Seguridade alimentaria recomenda matelo durante 5 días s menos 20 graos, se se vai comer cru.

O anisakis, o máis famoso parasito do peixe, está a causar moita preocupación entre os consumidores. Os supostos casos de intoxicación despois de consumir peixe conxelado espertaron a alerta, e hai quen aconsella manter o peixe máis de 5 días no conxelador, por se non se acadan os menos 20 graos durante 24 horas seguidas.

Os expertos insisten en que non se debe impoñer o pánico, xa que sempre que se cociñe o peixe correctamente non hai problema.

Na sede do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo xa desenvolveron un método para detectar a presenza de anisakis tanto en produtos frescos como elaborados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018