CRTVG

Buscar

Consello para evitar resecar a pel: alternar xabón e xeles hidroalcólicos e usar crema hidratante

Publicado o 12/06/2020 15:54

O lavado frecuente de mans é un piar básico para frear a expasión do coronavirus, pero o uso de xabóns e hidroxeles pode pasar factura á pel. 

É unha das recomendacións máis repetidas desde a aparición da covid-19 e que se demostrou eficaz para frear a súa expansión. Se o virus chegou ás nosas mans, o xabón déixao inactivo e impide que o espallemos involuntariamente. 

Non basta con lavar as mans. Ademais hai que facelo ben. Un bo lavado debe durar polo menos un minuto. Refregar entre os dedos, rascar as uñas contra as palmas, prestar atención aos polgares e enxaugar deixando correr a auga cara aos pulsos. 

O doutor Del Río cóntanos que esto hai que facelo, coma sempre, antes de comer, despois de ir ao baño ou cando toquemos algo que tocou outra persoa. Dúas veces ao dia é pouco e 40 é unha esaxeración.

A hixiene excesiva pode acabar provocando a aparición de dermatite irritativa ou, en casos esaxerados, eccemas por abrasión. 

O doutor del Rio di que é unha rutina que deberíamos integrar o lavado de mans na nosa rutina diaria igual pero prestando un pouco máis de tempo. 

E conveniente alternar o uso de xabón e o de xeles hidroalcólicos e usar unha crema hidratante para evitar o resecamento da pel.

 

 

Noticias web

12/06/2020