CRTVG

Buscar

Recomendacións de prevención e hixiene para saír cos nenos

Publicado o 26/04/2020 22:07

Despois de máis de corenta días respectando as normas e cumprindo a misión que se lles encomendou dentro da casa, por fin os nenos poderán dispoñer de espazo e aire libre. Pero iso si, mantendo as medidas básicas de prevención e hixiene que nenos e adultos deben coñecer.

A primeira é a de manterse a unha distancia cando menos de dous metros con terceiras persoas. Poden levar os seus xoguetes, balóns, bicicletas ou patinetes. Pero en ningún caso compartilos con outros nenos.

Non poderán estar nos parques infantís. E hai que evitar que toquen obxectos en zonas comúns ou mobiliario urbano, e tamén a súa propia cara.

A hixiene das mans segue a ser a medida básica e máis efectiva para evitar contaxios. Lavalas ben ao chegar á casa, con auga e xabón, durante vinte segundos como mínimo. 

Gemma Novoa Gómez é pediatra no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e aconsella levalos con máscaras

Se ten febre, tose ou algún síntoma de enfermidade a recomendación é a mesma que para os adultos: o illamento preventivo na casa e consultar cos profesionais médicos.

Noticias web

26/04/2020