CRTVG

Buscar

Recomendacións da Garda Civíl para reducir a sinistralidade entre motoristas

Publicado o 10/09/2018 14:16

Despois dun verán tráxico nas estradas galegas, as estatísticas sinalan que os motoristas, un dos colectivos máis vulnerables, teñen 17 veces máis posibilidade morrer nas estradas que as persoas que circulan en coche. Por iso, ademais de extremar as precaucións á hora de circular en moto, a Garda Civil de Tráfico recomenda adoptar outras medidas de seguridade para frear estas estadísticas. Ademais do uso obrigatorio do casco, levar unha vestimenta axeitada pode ser clave para salvar a vida dos motoristas.

As estadísticas son frías...Só este ano, das 21 persoas perderon a vida nas nosas estradas, 9 eran motoristas e 4 deles circulaban pola provincia de Ourense. A velocidade, a impericia dos pilotos e a súa pouca visibilidade para o resto dos conductores son factores que están detrás da maioría dos accidentes. 12.02-Avisar ao resto de conductores dun adiantamento coas luces ou circular en tres bolillos favorece a seguridade dos motoristas mentras circuan. 14.34Malia que o obxectivo é evitar os accidentes, no caso de producirse,  os axentes de Trafico aseguran que levar unha boa vestimenta tamén axuda. 6.58-7.04O casco, de uso obrigatorio, presentase como o elemento vital, pero debe ser da talla á xeitada e incorporar gafas unha mentonera que protexa por completo a facia do piloto. Pero dende a Garda Civil tamén recomendan o uso dunha boas luvas para evitar as lesións nas mans Os xeonllos e os pés tamen se deben protexer cun calzado axeitado, e o uso dunha faixa axuda a relaxar as costas cando se circular en moto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018