CRTVG

Buscar

Recollen sinturas para pedir unha rúa para Samuel Luiz

Publicado o 08/07/2021 15:03

Son moitos os que están a favor de que se lle cambie o nome a Avenida Bos Aires en que Samuel Luiz foi brutalmente asasinado. Os coruñeses din seguir moi de preto todos os detalles da investigación e contan que espertaron coa boa nova de que xa hai outro detido máis. Entrementres, no lugar en que Samuel recibíu a malleira mortal, repítense as mostras de respecto e cariño.

Dez dos amigos máis íntimos de Samuel escribiron, con moita dor e dun xeito moi cariñoso esta carta en que o describen como a mellor persoa que un pode coñecer. E engaden que nun tempo deixarán de chorar pola súa ausencia e que serán quen de rir e emocionarse coas súas lembranzas porque a pegada que lles deixa seguirá latexando e acompañándoos o resto das súas vidas.
 

Noticias web

08/07/2021