CRTVG

Buscar

Recollen sinaturas contra a prohibición de cans no parque de Liáns

Publicado o 02/06/2016 12:52

Estes veciños de Oleiros piden que o Concello permita de novo a presenza de animais no lugar

Esta imaxe, habitual en moitos parques, é fonte de discusión en Liáns desde que o Concello instalou este cartel que prohíbe a presenza de cans nesta zona verde, segundo din os residentes, a instancias dunha veciña.

Os donos dos cans afirman que o parque está limpo e que non houbo ningún incidente en moitos anos. Alegan que o parque é un espazo de uso común. 

Os afectados elaboraron un escrito e están a recoller sinaturas para convencer ao Concello de que retire a prohibición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/06/2016