Recollen máis de 600 quilos de residuos nunha praia de Vigo
Publicado o 16/10/2020 14:13
Mariscadores de a pé de Vigo participaron hoxe na limpeza da praia de Ríos, en Teis. Neste areal, normalmente recollen ameixa fina, xapónica e babosa, pero hoxe sacaron máis de 600 quilos de plásticos, metais e téxtiles contaminantes.
Dentro da campaña Mar limpo, mar vivo, a Confraría de Pescadores de Vigo organiza quendas de traballo en distintos espazos para recuperar os residuos vertidos ao mar.