CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Recollen 15.000 sinaturas pola custodia compartida

Publicado o 10/06/2017 14:55

Máis de quince mil sinaturas leva recompilado a Asociación Galega de Pais e Nais Separados en defensa da custodia compartida. Promoven unha Iniciativa Lexislativa Popular para modificar a regulación actual. Sinalan que, en Galicia, só se concede no 10% dos casos.


Carlos defende a custodia compartida polos pais e, sobre todo, di, polos fillos.

Forma parte da asociación galega de pais e nais separados, que esta mañá estivo recollendo sinaturas en Ourense. Promoven unha iniciativa para modificar a lexislación sobre a custodia dos fillos. Indican que en Galicia só se concede a custodia compartida no 10% dos casos que chegan ao xulgado.

A próxima semana remata o prazo que lles deu a Xunta Electoral para a recollida de sinaturas, pero xa superaron as 10.000 que precisaban para iniciar a tramitación.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí