CRTVG

Buscar

Reclaman o narcosubmarino para formación contra o crime organizado

Publicado o 25/06/2020 12:13

A Garda Civil reclama o narcosubmarino de Aldán en que se incautaran 4.000 quilos de cocaína como escola contra o crime organizado. O obxectivo é levar a cabo protocolos de actuación e prepararse para dar resposta a esta nova modalidade delitiva. 

Trátase do primeiro narcosubmarino interceptado en Europa, que embarrancara en Cangas no mes de novembro, e que se converteu nun símbolo contra o narcotráfico. Estaba prevista a destrución do semisomerxible, que se atopa na zona franca do Porto de Vigo e a disposición do xulgado de instrución número 1 de Cangas. Pero agora a Garda Civil solicitou autorización de uso provisional da embarcación para funcións propias de Servizo Marítimo e como aula de formación na loita contra o tráfico de drogas a gran escala, para o Equipo contra o Crime Organizado.

A idea é levalo á Academia Militar para elaborar protocolos de detección e abordaxe destes artefactos, ademais de empregarse para prácticas de salvamento e rescate. E o obxectivo final é prepararse para dar resposta a esta nova modalidade delituosa.

Noticias web

25/06/2020