CRTVG

Buscar

Reclaman melloras para acabar cos accidentes nun punto negro de Bergondo

Publicado o 13/02/2020 14:31

Neste treito da estrada que une as parroquias de Guísamo e Guiliade é onde os veciños esixen melloras de seguridade viaria.

"É unha estrada moi estreita, -comentan-. E se un coche vai máis rápido do normal, pasa o que pasou cos ciclistas...".

Refírese ao accidente de días atrás en que un ciclista faleceu tras ser atropelado por un camión, aquí mesmo. Os veciños din que neste punto negro os accidentes son frecuentes polo que esixen que se execute a segunda fase de ampliación e mellora da vía, de titularidade provincial.

"Accidentes eu lémbroos desde cativa", di unha veciña: "Se veñen os accidentes a moita velocidade e non lles dá tempo a frear e pumba!".

Fartos de reclamar melloras, decidiron, como medida de presión, mobilizarse. Así que, de conseguir os permisos necesarios, van realizar cortes de tráfico neste punto, os tres sábados que quedan deste mes de febreiro.




 

Noticias web

13/02/2020