CRTVG

Buscar

Reclaman reabrir xa a vella Ponte Internacional, na fronteira con Portugal

Publicado o 28/05/2020 15:23

Nas próximas horas, alcaldes e presidentes das cámaras do sur de Galicia e Portugal pedirán a apertura de novos pasos na fronteira.

As dificultades para cruzar a fronteira son cada vez máis notables. A medida que avanzamos na desescalada aumenta o movemento entre os dous territorios e as retencións son máis importantes no único paso aberto desde o 17 de marzo o de Tui-Valença.

Os presidentes das cámaras de comercio e o alcaldes transfronteirizos reclaman a apertura inmediata da vella Ponte Internacional. Nas próximas horas manterán un encontro na propia ponte para visibilizar a súa reclamación. 

Portugal decidiu prorrogar ata o próxmo 15 de xuño as restricións fronteirizas.

 

Noticias web

28/05/2020