CRTVG

Buscar

Reclama maior seguridade tras colidir un coche contra o valo da súa casa

Publicado o 30/09/2019 20:46

Tras comprobar os danos aínda teñen o susto no corpo. Non deixan de pensar en que puido ter pasado se estivesen na casa o venres pasado cando un coche saíu da vía, ao parecer por exceso de velocidade, e foi bater contra o valo da súa vivenda.

A estrada que une A Zapateira e Vilaboa, en Culleredo, é unha vía con tráfico denso e pola que circulan ata autobuses. O treito onde vive María Isabel, o lugar de Laxe, é unha zona de vía estreita; de feito, así está sinalizado. A velocidade está limitada a 30 quilómetros por hora, conta con bandas redutoras e un semáforo, pero, aínda así, os veciños din que non se senten seguros.

Piden que se garanta a seguridade viaria no lugar onde viven máis dunha ducia de familias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019