CRTVG

Buscar

No Día de Rosalía de Castro, recitan versos seus nos colexios galegos

Publicado o 24/02/2021 21:30

"Hoxe é un día moi especial para as galegas e os galegos, porque celebramos o Día de Rosalía".

E que mellor xeito de celebralo que asomarnos ás aulas. Entón, quen será esa Rosalía da que hoxe tanto falan...

"É unha muller. Galega!". 

"É a escritora máis coñecida de Galicia".

"Gustáballe moito ver a natureza. Si, e escoitar as historias que facían os veciños e veciñas. E preocupáballe tamén o que lles pasaba".

Falta outro dato importante.

"E quen sabe cal foi a súa obra? Cantares Gallegos".

Pasrece que os pequenos o teñen claro, a ver a xente máis moza...

"Algúns datos que non coñeciamos e que foron impresionantes todos".

"Sorprendeume bastante que o seu marido fora o primeiro presidente da RAG e que tivera sete fillos".

"Pensaba que era unha festa pequeniña para conmemorar a Rosalía, pero non, é unha festa moi grande".

E nesa festa grande participan tamén os profesores.

"Para nós é a muller por antonomasia, a escritora que defende a nosa lingua. A verdade é que nos encantou facer de todo dende infantil ata secundaria. Ata fixemos no comedor o caldo de gloria".

E nesta homenaxe tampouco faltaron os recitais nin a música, malia que os cantares de hoxe soen algo diferentes aos de hai máis dun século...

Noticias web

24/02/2021

Máis sobre actualidade