CRTVG

Buscar

Recital de David Iglesias con 12 goles na primeira vitoria do Cangas

Publicado o 28/11/2020 20:04

David Iglesias foi o protagonista do primeiro triunfo do Cangas Frigoríficos do Morrazo na Asobal diante do Viveros Herol Nava (21-19). Iglesias deu un recital de lanzamentos con doce goles en catorce lanzamentos e marcou máis da metade dos goles do seu equipo. 

O Nava entrou mellor no partido (2-3) pero o Cangas reaccionou cun parcial de 6-1 liderado por Iglesias con 4 goles. A gran defensa do Frigoríficos permitiulle chegar ao descanso con catro goles de vantaxe (10-6).

Na segunda metade o Nava presionou en varios momentos (15-13) pero cada intre de achegamento atopaba a resposta de Iglesias, que con 7 goles na continuación posibilitou o triunfo dos do Morrazo. 

Noticias web

28/11/2020