CRTVG

Buscar

Recibimento por todo o alto para os padexeiros galegos que triunfaron na China

Publicado o 22/10/2019 16:37

Este martes regresan a Galicia Pablo Crespo e Diego Piñeiro. Onte á noite chegaron a Peinador Tono Campos e Diego Romero, Tania Fernández e Tania Álvarez. Veñen de triunfar nos campionatos do mundo de piragüismo na disciplina maratón. E por todo o alto foron recibidos en Vigo. Galicia asinou seis medallas das dez que logrou a delegación española na China.

Ningún padexeiro español ten tantas medallas en campionatos do mundo como Tono Campos, 20 en total. Na China, o grovense agrandou a súa lenda ao sumar tres medallas máis ao seu excelso palmarés: dous ouros e unha prata. Xa posuía catro títulos mundiais e o último día de competición acadou o que lle faltaba, o de C2,  facendo equipo con outro galego, o seu compañeiro Diego Romero.

Ademais do ouro en C2, Diego Romero tamén gañou o título no maratón curto. O resto de medallas dos padexeiros galegos lográronas as parellas formadas por Tania Fernández e Tania Álvarez, prata en K-2, e Pablo Crespo e Diego Piñeiro, bronce na proba júnior de C2. Os pontevedreses chegarán esta tarde a Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019