CRTVG

Buscar

Recibimento na Coruña ao policía galego que participou nas evacuacións de Cabul

Publicado o 28/08/2021 17:20

Foi unha homenaxe de benvida e un agradecemento polo servizo prestado. No recibimento a Víctor Bellón no aeroporto de Alvedro este mediodía participaron outros policías nacionais, orgullosos do traballo do seu compañeiro. Logo de catro meses en Afganistán, abandonou Cabul o último día da evacuación española, despois de varias xornadas de alta tensión pola crise desatada no país.

Alcumado Raya 20, este axente galego formaba parte do continxente español composto de 20 membros da Unidade de Intervención Policial e GEO comprometidos coa seguridade dos cidadáns españois e afgáns ante o avance talibán. Protexeron o persoal da embaixada e crearon un corredor de evacuación no peor da crise. O Sindicato Unificado de Policía solicita a máxima distinción policial para eles.

Tempo agora de descansar coa familia, e esquecer a que recoñece que foi unha das peores experiencias nos seus 27 anos no corpo.

Noticias web

28/08/2021