Reciben o Compos no Concello tras o ascenso a Segunda B
Publicado o 27/07/2020 16:08
Imos co Compostela, que hoxe tivo unha recepción tras conseguir o ascenso.
Recepción no concello de Santiago tras retornar de novo á división de bronce do fútbol español. Houbo foto de familia e agasallos co alcalde. Agora toca preparar a próxima temporada, que seguirá tendo en Iago Iglesias na figura de adestrador.