CRTVG

Buscar

Recibe sepultura o mariñeiro falecido no Divina del Mar

Publicado o 13/11/2019 20:07

José Manuel Castelo, o mariñeiro que faleceu onte no accidente do Divina del Mar, recibiu sepultura esta tarde no Obre, a aldea onde residía.

Din de José Manuel que era unha persoa moi alegre. Levaba toda a súa vida profesional relacionado co mar. Veciños e compañeiros déronlle o último adeus en Noia que representaba, coa bandeira galega a media hasta, o día de loito oficial.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019