Recibe a alta o home atacado por 'velutina' en Rianxo
Publicado o 09/06/2020 20:21
Xa foi dado de alta o veciño de Rianxo que foi atacado por ducias de velutinas mentres limpaba un caleiro na súa casa.
O home tivo que ser trasladado ao hospital de Santiago, despois dunha primeira consulta no centro de saúde local.
Estivo ata a noitiña en observación polo efecto do veleno, e finalmente recibiu a alta médica sen que presentara danos graves.
Os bombeiros retiraron axiña o niño de avespas, que estaba oculto entre as tellas dun pendello.