CRTVG

Buscar

Recibe a alta en Ourense unha anciá de 106 anos que superou o coronavirus

Publicado o 02/05/2020 15:02

Chámase Lucía Blanco Álvarez e é unha supervivente. Nos seus 106 anos de vida xa conseguiu vencer dúas pandemias: a da gripe española en 1918 e agora a da COVID-19.

É orixinaria de Ponferrada e estaba ingresada na Residencia Nosa Señora de Fátima do Barco de Valdeorras, a onde volverá tras gañarlle a batalla ao coronavirus. Dezanove días de loita en que estivo arroupada por todo o equipo do centro integrado de Piñor.

Como Lucía, xa recibiron a alta nesta residencia unha vintena de anciáns; pero o seu caso é especial, xa que é unha das máis lonxevas en superar a enfermidade. Ela e mais unha holandesa de 107 anos e unha andaluza a punto de cumprir esa idade a que Lucía chegará en decembro.

Son pequenas vitorias que alentan nesta guerra contra o virus.

Noticias web

02/05/2020