Recepción oficial das campioas da Copa da Raíña de fútbol sala
Publicado o 21/12/2020 22:15
En Burela, esta tarde houbo recepción no concello ás campioas da Copa da Raíña de fútbol sala. As xogadoras do Pescados Rubén Burela xa están na casa co último trofeo conquistado. O equipo da Mariña lucense impúxose na final o Poio Pescamar.
Cuarto título de 2020 para elas, Copa das Nacións, Supercopa, Liga e agora a Copa. Non hai quen lle discuta o reinado ao Burela no fútbol sala feminino español.