CRTVG

Buscar

Recadan cartos para repatriar a muller presuntamente asasinada polo seu fillo en Foz

Publicado o 07/11/2019 20:58

A comunidade brasileira da Mariña recada cartos para repatriar o cadáver da muller presuntamente asasinada polo seu fillo en Foz. Malia a gravidade da situación, xa houbo un desaprehensivo que tentou estafar a familia da vítima á conta do traslado do corpo.

Repatriar o cadáver de Minaene Franco ao Brasil e pagar a viaxe e os trámites para que os seus familiares poidan vir a Foz a facerse cargo do corpo. Con ese dobre obxectivo, a comunidade brasileira da Mariña, unhas trescentas persoas, está a recadar cartos entre os veciños. Lembran que a familia da muller vive en Tocantins, unha zona rural das máis pobres, e que están nunha situación moi difícil. Por iso piden que se faga un esforzo para axudalos, igual que se está a facer no Brasil a través da Rede.

"Agradecemos toda a axuda que se poida prestar nesta difícil situación".

Un desaprensivo tentou estafar a familia da falecida mediante unha rede social pedindo 4.000 euros por adiantado a cambio de repatriar o cadáver, pero foi detectado a tempo. En Foz continúa o loito oficial pola morte de Minaene, presuntamente a mans do seu fillo.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019