CRTVG

Buscar

Rebumbio na sala de prensa do Estremadura por unhas preguntas en catalán

Publicado o 04/11/2019 13:14
Rebumbio na sala de prensa do Estremadura por unhas preguntas en catalán

Unha pregunta en catalán durante a conferencia de prensa tras o partido entre o Estremadura e o Xirona de LaLiga SmartBank desatou unha disputa entre os xornalistas asistentes. 

José Luis Martí respondía ás cuestións dos medios cando un xornalista lle formulou unha pregunta en catalán, o que provocou protestas por parte dos que non o falaban. Tras descartar a proposta do propio Martí de facer dúas conferencias de prensa para así poder falar nas dúas linguas, tomouse a decisión de que as preguntas se formulasen en calquera das dúas linguas, pero que se responderan en castelán.

Horas despois, o Estremadura publicaba un comunicado oficial dende a súa conta de Twitter en que se desmarcaba dos xornalistas locais e deixaban claro que todas as linguas son benvidas ao seu estadio.