CRTVG

Buscar

Rebaixas na rúa, rebaixas na Rede: descontos en calquera mes

Publicado o 28/06/2019 15:17

Oficialmente comezan o día un, pero para moitos acaban de comezar con tradicional alegría. Son os máis madrugadores.

"Se fose para outra cousa non, pero para vir comprar coma se nos erguemos ás sete da mañá", relata unha das primeiras compradoras. "Hai que percorrer todas as tendas".

Pero hai tamén quen asegura que non irá de rebaixas neste día. 

"Non, non. Eu xa fun onte en Internet".

Xa de mañá as bolsas delataban os primeiros compradores, igual que os delataban tamén os escaparates que levaban nas mans. Outra maneira de percorrer todas as tendas.

"Por Internet aínda non comprei, pero xa teño mirada a roupa". E outra afeccionada a mercar na Rede defende a súa comodidade: "Probas na casa tranquilamente, non che gusta, devolves, non hai ningún problema... E, ademais, non estás soportando ringleiras nin nos probadores incómoda".

Pero segue habendo quen ve a comodidade nos probadores.

"Por mirar e probar a roupa antes de comprala", asegura un mozo. 

O tempo de rebaixas e as ofertas de todo o ano na Rede teñen un evidente punto en común. 

"Déixaste levar polo prezo e...".

E a Rede semella querer desestacionalizar a temporada de rebaixas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019