CRTVG

Buscar

Rebaixan a acusación de asasinato a homicidio polo 'crime do conxelador'

Publicado o 18/10/2016 14:20

Unha vez que o xurado popular chegue a un veredicto, será a maxistrada quen dite a sentenza

No xuízo do 'crime do conxelador', acusacións e defensas cualificárono de homicidio e piden doce anos e medio de prisión para o principal acusado e seis meses para o encubridor.

Sete testemuñas e catro peritos forenses declararon na segunda sesión do xuízo. Os forenses ratificaron que o falecido, José Jesús Isasis, recibiu múltiples golpes na cabeza que lle causaron lesións graves e mortais.

Unha vez que o xurado popular chegue a un veredito, será a maxistrada quen dite a sentenza.
O principal acusado usou a súa quenda de última palabra para desculparse coa familia da vítima.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2016