CRTVG

Buscar

Rebaixa fiscal para mercar vivenda no rural

Publicado o 19/10/2019 14:34

A redución fiscal para a compra de vivenda no rural atinxe a 3.459 parroquias, o 62 por cento delas están nas provincias de Lugo e Ourense. Cando entre en vigor, nas zonas pouco poboadas, que segundo os estudos do Instituto Galego de Estatística son o 94 por cento do territorio galego, o Imposto de Trasmisións Patrimonias, o ITP, reducirase do 7 ao 5% no caso de que sexa vivenda habitual co obxectivo, din dende a Consellería de Facenda, de dinamizar o rural e fixar poboación.

No caso das vivendas non habituais o Imposto de Trasmisións Patrimoniais baixa do 10 ao 6%.
Dende a Xunta de Galicia lembran que dende o 2017 as persoas menores de 36 anos, as familias numerosas e as persoas con discapacidade están exentas de pagar o ITP ao mercar unha vivenda no rural.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019