CRTVG

Buscar

Reas en ambos sentidos en Tui, o único paso fronteirizo aberto na provincia de Pontevedra

Publicado o 19/05/2020 14:28

A Garda Republicana portuguesa e a Policía Nacional española exercen o control da fronteira entre os dous países en Tui, un dos nove pasos habilitados e o único na provincia de Pontevedra.

Traballadores que teñen que dar rodeos quilométricos para chegaren aos seus destinos, camións con mercadorías e cidadáns que teñen que facer xestións a calquera dos dous lados da fronteira. Co regreso paulatino aos quefaceres que permite a desescalada en España e Portugal a raia vai recuperando o seu ritmo habitual e, na provincia de Pontevedra, todo ese fluxo pasa, obrigatoriamente, por esta ponte internacional.

O 17 de marzo instauráronse os controis fronteirizos entre España e Portugal. Polo de agora, está previsto que o país veciño os prolongue ata o vindeiro 15 de xuño.

Noticias web

19/05/2020