CRTVG

Buscar

Reaparecen os osos na serra do Courel

Publicado o 08/05/2020 16:47

A chegada da primavera espertou os osos do seu letargo. As cámaras de fototrampeo instaladas no Courel permitiron a gravación con poucos días de diferenza de dous exemplares novos ulisqueando a mesma árbore.

Estoutro oso foi gravado nun monte próximo.

Podería haber unha colonia estable de mínimo tres exemplares nas montañas de Lugo.
Tamén se localizaron un par en Ourense.

Todos son machos novos que chegaron das serras do occidente asturiano e leonés. O oso pardo desaparecera de Galicia a finais do século XIX. A recuperación da especie é posible en gran parte grazas ao labor que desenvolve a Fundación Oso Pardo a través do programa Life, que ten como un dos seus principais obxectivos conciliar a presenza do oso coa actividade humana.

Fernando Ballesteros, da Fundación Oso Pardo, di que a presenza do oso pode ser un elemento positivo no desenvolvemento rural.

Buscando a harmonía entre home e os osos repartiron máis de cen pastores eléctricos para protexer as colmeas, levaron a cabo unha repoboación de bosques con man de obra local e apuntan a que a presenza do oso pode servir como reclamo turístico.

Noticias web

08/05/2020