CRTVG

Buscar

Retómase o xuízo pola saída a bolsa de Bankia, no que piden cinco anos para Rato

Publicado o 08/01/2019 08:28

Hoxe retómase o xuízo pola saída a bolsa de Bankia e posiblemente se inicie o interrogatorio ao ex-presidente da entidade Rodrigo Rato. Con todo, o previsto na sesión é que se resolvan as cuestións previas propostas polas partes.

A Fiscalía pide cinco anos de prisión para Rodrigo Rato por un delito de estafa a investidores do que tamén responsabiliza outros tres directivos da entidade. As outras partes presentadas no asunto elevan a 34 o número de acusados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019