CRTVG

Buscar

Remata o ERE do Santander con 3.069 baixas voluntarias, o 95% do total

Publicado o 27/11/2019 18:23
Remata o ERE do Santander con 3.069 baixas voluntarias, o 95% do total

Remata o período de baixas voluntarias no ERE do Banco Santander. 3.069 traballadores adheríronse ás condicións ofrecidas pola entidade. Supoñen o 95% do total de baixas que pactaron antes do verán a dirección do Santander e os sindicatos. O 55% das saídas prodúcese pola vía das prexubilacións e o resto, a cambio de indemnizacións. En Galicia, aceptaron deixar o banco 249 traballadores.

Noticias web

27/11/2019