CRTVG

Buscar

Realoxan en hoteis e centros sociosanitarios os evacuados da Palma

Publicado o 24/09/2021 08:27

No pavillón municipal de Tazacorte acumúlase a comida, nunha sorte de supermercado onde ten que haber de todo. A roupa e o calzado, que os voluntarios clasifican por tipo, e por talles.

E os obxectos que os veciños evacuados conseguen ir rescatando das súas vivendas. Para os evacuados que aínda poden entrar nas súas casas, cada día é unha incógnita.

Cambios cada día. Comezaron os realoxamentos, e hai veciños que estiveron a durmir en El Fuerte que pasaron esta última noite nun hotel. Entrementres, as conversas dos desaloxados son, a maioria, sobre o mesmo tema.

 

Noticias web

24/09/2021