CRTVG

Buscar

Realízanse os primeiros ensaios clínicos dunha vacina contra a covid−19 en España

Publicado o 14/09/2020 08:45

O primeiro ensaio clínico con humanos que se realiza en España para lograr unha vacina contra o covid-19 comezou hoxe no hospital Marqués de Valdecilla, de Santander. Alí vanse facer as probas a 40 dos 190 voluntarios que participan nesta investigación da empresa Janssen. O resto comezarán mañá nos hospitais madrileños da Paz e da Princesa. Os primeiros resultados poderían coñecerse dentro duns seis meses, pero os expertos din que hai que ter paciencia para lograr unha vacina con todas as garantías.

Os voluntarios están distribuídos por idades, de 18 a 55 anos e de maiores de 65, e en dez grupos diferentes que permitirán testar diferentes perfís. Unha vez remate o proceso neses seis meses chegará un período de seguimento para constatar a seguridade desta vacina, que procura xerar unha resposta inmunolóxica fronte a unha das proteínas do coronavirus.
 

Noticias web

14/09/2020