CRTVG

Buscar

Realízanse cribados masivos nas cidades galegas principais

Publicado o 30/01/2021 17:12

O Sergas decidiu realizar esta fin de semana cribados masivos entre a poboación. Hainos en varios puntos, entre eles nas cidades principais. 

Do que se trata é de detectar asintomáticos que, sen sabelo, poderían estar contribuíndo a espallar o virus. E para iso realízanse estes cribados nos puntos onde o virus está a ter unha maior incidencia.

Entre eles, a cidade da Coruña. Aquí está chamada a realizar probas toda a poboación con idade comprendida entre os 18 e os 60 anos. Son unhas 150 mil persoas, segundo nos indican da xerencia da área sanitaria. O que o convertería no maior cribado realizado ata o de agora en Galicia.

Séguelle o de Vigo. Aquí están chamadas a participar 22.000 persoas entre 20 e 60 anos que non se someteran a unha proba PCR nos últimos dous meses. Neste caso a realización das probas comezou onte e desenvolverase ata o próximo mércores. 

En Santiago o grupo de idade é máis restrinxido. Están chamadas 9.000 persoas de entre 41 e 45 anos. E por que este grupo? Porque o Sergas indica que este é o segmento onde está a ter unha maior prevalencia o virus. 

Noticias web

30/01/2021