Realízanlles PCR aos 9 peregrinos confinados en Palas, contactos dun positivo por covid
Publicado o 18/07/2021 16:42
Este domingo realizáronlle as probas PCR ás peregrinas e peregrinos que estaban confinados nun albergue de Palas de Rei.
Levaban dous días illados despois de que o xoves dera positivo unha das compañeiras de grupo cando completaban a etapa que iniciaran en Sarria.
Son un grupo de nove universitarios que estudan en Madrid e hai dous galegos, unha moza de Santiago e un mozo de Vigo. Ata este momento non tiñan síntomas e están ben, pero unha das peregrinas é paciente oncolóxica. Por iso demandaban que lles realizaran as probas diagnósticas o antes posible.