CRTVG

Buscar

Realizan tests rápidos os sanitarios de Ourense que usaron as máscaras defectuosas

Publicado o 18/04/2020 22:02

3 mil das 45 mil máscaras  repartidas en Galicia chegaron a Ourense, un 8% do total. "Levamos toda a mañá realizando probas de test rápido ao persoal, dende a alerta sanitaria das máscara. Foran utilizadas nas plantas máis expostas" di Estrella Pérez, Supervisora de Área.

Fixéronse probas no Hospital Universitario de Ourense e tamén no de Valdeorras. No centro de Verín non foi necesario xa que alí non se distribuíran esas máscaras.

Noutras áreas sanitarias como a de Pontevedra e O Salnés tamén comezaron a realizarlles PCR os profesonais de urxencias, coidados intensivos e outras zonas con pacientes afectados de COVID-19. Segundo o Sergas as probas diagnósticas continuarán nos próximas días.

Unhas probas que tamén reclaman os traballadores das ambulancias porque empregaron as mesmas máscaras. A CIG defende que"estiveron expostos cunha falsa protección" e deben facer o test.

Noticias web

18/04/2020