CRTVG

Buscar

Real Sociedade, Barcelona e Alcorcón pasan a cuartos da Copa do Rei

Publicado o 11/01/2017 21:20

A Real Sociedade empatou 1-1 co Vilarreal, o Barcelona gañou 3-1 ao Athletic, e o Alcorcón, que gañou 1-2 en Córdoba, será o único equipo se Segunda División a Copa

Real Sociedade, Barcelona e Alcorcón pasan a cuartos da Copa do Rei

Tamén estará nos cuartos de final a Real Sociedade, que eliminou ao Vilarreal.

O equipo donostiarra conseguira unha renda de dous goles no partido de ida, pero o gol que marcara o Vilarreal en Anoeta deixaba algo aberta a clasificación. As esperanzas para o Vilarreal acabaron axiña. No minuto 15 Oyarzabal adiantou á Real.

Antes do descanso, chegou o gol local. Unha falta de Sansone estrélase no pau e o rexeite aprovéitao Roberto Soriano para marcar co porteiro batido. 

O Vilarreal acabou o partido con 10 pola expulsión de Sansone.

O Alcorcón será o único equipo de Segunda División nos cuartos de final. Sorprendeu o Córdoba no Arcángel ao remontar na segunda metade o gol de Piovaccari para os locais. Era o minuto 8 e o Córdoba adiantábase no partido e na eliminatoria.

Tras o descanso chegou a reacción do Alcorcón. No minuto 50, o ex-xogador do Celta, David Rodríguez, aproveitou un erro da defensa para situar o seu equipo moi preto da clasificación.

Unha clasificación que deixou definitivamente sentenciada Iván Alejo, Ivi, con esta internada por banda e o posterior disparo axustado ao poste.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017