O Real Padroado de Santiago reunirase o 25 de xullo tras 18 anos sen facelo
Publicado o 16/07/2021 20:59

Dezaoito anos despois, o Real Padroadoda Cidade de Santiago reunirase o 25 de xullo, Día de Galicia. Será baixo a presidencia do rei Filipe VI e asistirán o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, Pedro Sánchez, o alcalde de Santiago e varios ministros e conselleiros.
A última vez que se reuniu o Real Padroado foi en 2003 e neste cumio aprobarán un documento de investimentos en Santiago, xa pactado polas tres administracións.
Reuniranse no hostal dos Reis católicos pola tarde, xa que pola mañá terá lugar a Ofrenda Nacional ao Apóstolo.
En 1991 nacía o Real Padroado e o seu obxectivo principal é o de coordinar e promover accións do Goberno de España, Xunta de Galicia e Concello de Santiago.