CRTVG

Buscar

Real Madrid e Barcelona, eliminados da Copa do Rei

Publicado o 06/02/2020 23:10

A Real Sociedade gaña no Bernabeu (3-4) e o Athlétic derrota ao Barcelona cun gol no derradeiro minuto (1-0)

Real Madrid e Barcelona, eliminados da Copa do Rei

Sorpresa maiúscula nos cuartos de final da Copa do Rei coa eliminación do Real Madrid e do Barcelona. Os primeiros en caer foron os brancos, que, malia xogar a eliminatoria a partido único no Santiago Bernabeu, non souberon rendibilizar o factor campo e perderon diante dunha Real Sociedade que rozou a perfección. En especial, o seu dianteiro sueco Isak, autor de dous goles.

0-1 Odegaard 22' 0-2 Isak 54' 0-3 Isak 56' 1-3 Marcelo 59' 1-4 Mikel Merino 69' 2-4 Rodrygo 81' 3-4 Nacho 93'

Para completar a noite das sorpresas, chegou a derrota do Barcelona en San Mamés. Nun partido moi parello, o Athlétic aguantou as acometidas dun Barça liderado por Messi, e, no derradeiro suspiro do encontro, Iñaki Williams conseguiu desviar á rede un centro dende a dereita.

1-0 Williams 93'

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí