CRTVG

Buscar

Real Madrid e Atlético deciden en Arabia o título da Supercopa

Publicado o 12/01/2020 12:37

Derbi madrileño no deserto árabe para decidir a Supercopa. O Atético e o Real Madrid, invitados polo novo formato, pelexarán hoxe polo primeiro título oficial da temporada do fútbol español. O equipo de Zidane chega pletórico, superando con solvencia as baixas e dominando os partidos desde o medio do campo. Para Sergio Ramos, "o Madrid vai sempre co que ten e co que hai. E certo que sufrimos lesións, que hai xente de baixa, pero o equipo acaba adaptándose e sacando os resultados. Non sei se ata o final da temporada iso será válido, pero por nós non vai quedar. Imos facer todo o posible para que o equipo faga goles independentemente de quen xogue. Sexa con tres díanteiros ou con tres centrocampistas"


O Atlético, coa moral polas nubes tras remontar ante o Barça, será o rival incómodo de sempre. Con Oblak tocado, os de Simeone tampouco se quedan atrás á hora de superar as dificultades. Segundo recoñece o Atlético Saúl, "non é un partido. Remontamos varios partidos. Iso ten un punto a favor e un punto en contra. Creo que o equipo saca o mellor cando se ve contra as cordas. Porque somos o Atlético de Madrid, porque cada partido ue afrontamos o afrontamos como unha final. Levamos un mes moi bó, cunha dinámica moi boa. Temos moitas ganas de conseguir este título. Xa o conseguimos en 2014. Hai moito tempo e persoalmente teño ganas de conseguilo". Máxima rivalidade e alta tensión para a gran final da Supercopa.

Noticias web

12/01/2020