CRTVG

Buscar

Reactívase o pago da zona azul en Vigo

Publicado o 01/06/2020 13:40

Algúns dos signos de que case todo volve funcionar son o tráfico e os comercios abertos. Coa maior flexibilidade de movementos que permite a desescalada regresa tamén o pago dos aparcadoiros na rúa, a chamada zona azul ou o XER, como se denomina en Vigo e que acaba de recuperar o seu funcionamento. Fora suspendida ao comezo do estado de alarma.

A zona azul funciona en Vigo desde os anos 90. En datas recentes, activouse unha aplicación informática para pagar e renovar os boletos que evita ter que acudir ás máquinas expendedoras.

Actualmente, unhas 2.000 prazas de estacionamento libre na vía pública e outras 200 mixtas compartidas coa carga e descarga están reguladas en Vigo mediante este sistema que garante un mínimo de 30 minutos e un máximo de 2 horas.

Noticias web

01/06/2020