CRTVG

Buscar

Reactívase o enoturismo con grupos reducidos e actividades ao aire libre

Publicado o 21/03/2021 19:57

Entramos nunha das adegas máis antigas do Ribeiro. A súa orixe data do século XII. Alberto, o seu xerente, explícanos a súa historia e as peculiaridades do viño que elaboran aquí.

O bo tempo e o alivio nas restricións permitiu retomar a visitas de enoturismo. Un dos participantes recoñece que un dos princpais atractivos é paisaxe, cunha viñas que mudan en función da época do ano.

Vides aínda espidas neste tempo. Tras coñecer o proceso de elaboración e a materia prima que hai tras el, toca catar o viño.

Alberto Úbleda leva dez anos ofrecendo este tipo de experiencias. Considera que permiten crear un vínculo especial co cliente.

Pícnic entre as vides ou maridaxes gastronómicas son outras das alternativas que nos ofrece o enoturismo, iso si, en grupos reducidos para afastar o perigo da covid.

Un xeito seguro, afirma outra das participantes na visita, de coñecer a diversidade de atractivos que ten Galicia.

Unha riqueza patrimonial, paisaxística e gastronómica que o enoturismo nos permite saborear, como os bos viños, a pequenos grolos.

Noticias web

21/03/2021