CRTVG

Buscar

Reactívase o caso de Déborah con novas comparecencias nos xulgados de Tui

Publicado o 15/09/2020 16:08

Reactívase o caso de Déborah Fernández con novas comparecencias nos xulgados de Tui. A última declaración fora a de seu pai José Carlos Fernández-Cervera o pasado mes de febreiro. Agora, sete meses despois, retómanse as declaracións. Esta mesma mañá comparecerá unha testemuña e practicarase outra importante dilixencia no xulgado, a clonación do disco duro do ordenador de Déborah por parte de axentes do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil para a entrega da copia aos peritos da familia.

Por outra banda, a outra comparecencia prevista importante é a da nai da falecida, que prestará declaración no mes de outubro. Tras a reapertura da causa en novembro do ano pasado, unha quincena de testemuñas pasaron polo xulgados de Tui para intentar aclarar que ocorreu coa moza viguesa. O corpo de Déborah aparecera nunha cuneta no concello do Rosal espido e rodeado de pistas falsas o 10 de maio de 2002. A familia segue loitando para que se investigue ata o final.

Noticias web

15/09/2020