CRTVG

Buscar

Reactivan en Cerdido a busca de Yago de la Puente Agulló

Publicado o 03/10/2019 13:50

Dende primeira hora da mañá numerosos axentes volvían buscar sobre o terreo o coruñés Yago de la Puente Agulló, de 28 anos e metro oitenta e nove de estatura, desaparecido dende o pasado 14 de xullo.

A busca céntrase en áreas rurais e casas abandonadas do municipio de Cerdido, e nela traballan divididos en grupos preto de 30 axentes de distintos corpos da Garda Civil e arredor de 15 de Protección Civil das Pontes, Valdoviño e Cedeira. Ademais, hoxe tamén están empregando cans da unidade de rastrexo Casaga.

O mozo desapareceu cando volvía de asistir ao Festival Celta de Ortigueira. O último rastro del sitúao nas inmediacións da estación de Cerdido. Precisamente alí comezou hoxe a busca, aínda que, segundo fontes, non se debe a que existan novas probas sobre o seu paradoiro.

Noticias web

03/10/2019