Reactivan a busca do pescador de Narón desaparecido fai nove días na costa de Covas
Publicado o 29/09/2020 18:46

En Covas os equipos de rescate reactivaron hoxe a busca do pescador desaparecido o pasado día 20. O home de 59 anos e veciño de Narón acudiu ese día pescar a unha zona de cantís preto da cetaria de Covas e os equipos de rescate cren que puido caer ao mar.
Hoxe retomaron os labores de busca ao cumprirse 9 días da súa desaparición, tempo en que os corpos somerxidos volven subir á superficie.
Na zona traballaron hoxe un helicóptero da Policía Nacional e unha embarcación de Salvamento Marítimo mentres drons dos bombeiros sobrevoaron a zona e axentes das policías local e nacional, de Protección Civil e dos bombeiros buscaron por terra.