Reactivan a busca de Marta Calvo en Valencia tras acoutar unha nova zona de rastrexo
Publicado o 08/09/2021 17:27

Reactívase a busca de Marta Calvo, a muller que desapareceu hai case dous anos na localidade valenciana de Manuel.
A Garda Civil rastrexa unha zona nova, onde estivo o autor confeso do crime, segundo demostra a análise do seu móbil. O home está en prisión pola morte de Marta e doutras dúas mulleres coas que tamén contactara por Internet.