CRTVG

Buscar

Estabilizado un incendio en San Pedro de Visma, na Coruña, tras queimar 1,5 hectáreas

Publicado o 07/08/2020 16:38
Estabilizado un incendio en San Pedro de Visma, na Coruña, tras queimar 1,5 hectáreas

Un incendio forestal declarado este venres na parroquia de San Pedro de Visma, na Coruña, quedou estabilizado ás 16.41 horas, tras queimar unha hectárea e media, informaron fontes da Consellería de Medio Rural.

O lume, que calcinou 1,5 hectáreas aproximadamente, iniciouse ás 14.55 horas desta tarde.

Medio Rural mobilizou dous helicópteros, cinco axentes, seis brigadas e dúas motobombas.

Ademais, os bombeiros da Coruña traballan tamén para atallar o incendio, próximo á zona do Portiño e a estrada dos Fortes.

Hai unha semana o lume xa afectara a zona de monte entre O Portiño e Os Rosales e volveuse activar hoxe. Daquela, foron necesarias dúas dotacións de bombeiros, que sufocaron as lapas.