CRTVG

Buscar

Reaccións na Ribeira Sacra á cadidatura a patrimonio da Humanidade

Publicado o 06/04/2019 14:54

CANDIDATURA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE/OS VECIÑOS AMÓSANSE ESPERANZADOS Á choiva élle indiferente a candidatura, abóndalle con dar de beber ás vides sedentas.
Colocadas en socalcos, esta escalonada forma de convivencia entre o home e a terra remarca a singularidade da paisaxe e da historia

FERNANDO GONZÁLEZ, PROPIETARIO DA ADEGA AGUIEIRA "TEN 35 igrexas, 18 mosteiros...istpo tiña que rebentar, para nós é a gran noticia."

Hai 25 anos que Fernando ten unha adega que vende viño a 22 países do mundo. Di que embotellan pasiaxe.
Preto hai outro negocio.
Fóra espera Cascos, que apareceu abandonado aquí hai 13 anos, os mesmos que hai que o seu adoptante, Antonio, abriu este resturante en Doade.
Para o seu dono a candidatura é un recoñecemento e unha esixencia

ANTONIO RODRÍGUEZ, PROPIETARIO "A CANTINA", DOADE "Non se pode facer o que se queira, agora hai que facer coma se viviramos na porta do sol en Madrid"

"Falta lle facía que se fagan as cousas ben"

Carruxo é xardineiro. Naceu en Sober. Este sentimento de esperanza, de ledicia pola candidatura, é común aos máis dos veciños dunha zona que vive grazas á viticultura heroica e ao turismo, como nos conta Mari, cociñeira nun restaurante, e Pablo, tamén veciño e condutor do tren turístico.

"Home, como non imos estar contentos"
"Supón maior protección e coidado"

Desde primeira hora da mañá chegan os turistas.

 "Unha zona espectacular"
"Un valor inmenso"

Quedan dous anos para conseguir a declaración de Patrimonio da Humanidade. Sería a quinta en Galicia.

Noticias web

06/04/2019