Reaccións á decisión do Parlamento Europeo de recoñecer a Junqueras como deputado
Publicado o 06/01/2020 20:54
O independentismo celebra que o Parlamento Europeo recoñeza a Junqueras, Puigdemont e Comín como eurodeputados.O presidente da Generalitat di que esta decision desautoriza a Xunta Central Electoral. Non foron as únicas reaccións.
Desde Vox son moi críticos co Parlamento Europeo ao que acusan de prevaricar. Ciudadanos pídelle a Eurocámara que revogue a súa decisión e que respecte a xustiza española. E a voceira do Partido Popular no Parlamento comunitario xa lle enviou unha carta ao presidente da cámara tamén para pedirlle que revogue a decisión.