Reábrese a investigación do accidente do tren Alvia en Angrois
Publicado o 13/11/2019 10:04
A Audiencia Provincial da Coruña reabre a instrución do caso Alvia. Faino para abordar a presunta irregularidade denunciada por un ex-traballador de Talgo, que asegurou que directivos desa empresa ordenaron borrar datos sobre as avarías do tren sinistrado, poucas horas despois de que descarrilara en Angrois.
A plataforma de vítimas 04155 achegou esta declaración xurada, que leva agora o tribunal a ordenar o regreso á fase de dilixencias previas.